QUE É

‘Cara a unha escena plural’ é un proxecto que impulsa a circulación da danza e artes vivas de carácter profesional no noso territorio. Ten por obxectivo principal procurar unha presenza estable e regular destas expresións nos espazos escénicos galegos, ao tempo que favorecer a circulación dos traballos artísticos feitos en Galicia, e promover a difusión e sensibilización dos públicos cara aos mesmos.

EQUIPO

O deseño e coordinación de ‘Cara a unha escena plural’  vén da man das xestoras culturais especializadas en danza e artes vivas Sabela Mendoza e Caterina Varela. Ambas veñen desenvolvendo distintos proxectos arredor do impulso e visibilidade da comunidade da danza no noso territorio, tanto de maneira individual como colaborativa.

CARA A UNHA ESCENA PLURAL

PODES ATOPARNOS AQUÍ