rpo

MÚSICA ELECTRÓNICA
E CORPOS EXPERIMENTAIS


Obradoiro con cía IO 

Que comeza antes, a música ou o corpo? 

O corpo creador do noso músico traballa na produción sonora, xerando así movemento. Neste caso, a acción de producir música ten movemento en si mesmo, por outra banda ese movemento xera aínda máis movemento para aqueles corpos que escoitan. Corpos que se converten tamén, por súa vez, en produtores de movemento. 

Nesta xuntanza procuraremos desfrutar dunha creación compartida entre un músico e varios corpos a partes iguais. Xogaremos xuntas a movernos sen cancelas cos nosos propios estímulos e cos propios que a música electrónica nos ofrece.

*Esta actividade acompaña a función do espectáculo ‘4 segundos’ da Cía IO, que terá lugar no Auditorio Casa da Cultura Serra de Outes, o sábado 20 de novembro ás 19:30h.

Datas e horario

venres 19 de novembro de 2021

de 10:25 a 12:05 hrs.

Lugar

IES Poeta Añón de Outes

Dirixido a

alumnado de 2ºESO 

Compañía IO é unha formación recente e á vez lonxeva. Recente porque xorde hai pouco máis dun ano e medio como proxecto profesional de dous artistas multidisciplinares, Álvaro Pérez e Álvaro Reboredo “Fitinho”, que unen as súas habilidades en busca dunha nova forma de expresión artística; e á vez é lonxeva porque é froito do esforzo e a constancia de anos de traballo, necesarios para dominar a roda cyr e a corda lisa vertical, dúas disciplinas circenses que fusionan con artes como danza acrobática, música ou teatro gestual.

*Taller organizado en colaboración co IES Poeta Añón de Outes para o seu alumnado. 

Foto Obradoiro Cia IO - 4-81-min.jpeg