top of page

rpo

VEN E BAILA, MULLER

Obradoiro con equipo iXa - Xián Martínez

 

Un oasis dedicado a nós mesmas.

Un espazo escénico visto dende outros puntos de vista. Un escenario como lugar e tempo para o disfrute dunha tarde na que todas podemos deixarnos levar.

 

Co propio corpo como ferramenta e, boa músca como elemento indispensable, levaremos a cabo unha sesión de movemento e diversión dende unha perspectiva de xénero. Celebraremos e desfrutaremos nunha festa por e para nós mesmas.

Obradoiro a cargo de: equipo iXa - Xián Martínez. Imparten: Kateryna Humenyuk e Elena Castellanos

* Esta actividade acompaña a función do espectáculo ‘Pioneiras. The Power of Women’ de Xián Martínez Miguel que terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, o sábado 4 de decembro ás 20:30h

Datas e horario

martes 30 Nov. de 2021

de 18:30 a 20:00 hrs.

Lugar

Auditorio da Casa de Cultura de Vimianzo

Dirixido a

calquera persoa interesada, con ou sen experiencia previa en danza. A partir dos 16 anos en adiante. De balde, con inscrición previa no seguinte formulario: https://forms.gle/S9NiJVzMVUewAJ497  

Xián Martínez Miguel, natural de Vigo, inicia a súa formación en danza en disciplinas urbanas, continúa no Real Conservatorio Profesional de danza Mariemma de Madrid e obtén o Título Superior de danza contemporánea no Conservatorio Superior de danza de Madrid ‘María de Ávila’. Desde Xaneiro de 2019, Xián Martínez forma parte do elenco da compañía vasca de danza contemporánea Dantzaz. Ademais, formou parte do equipo da plataforma Atalak, onde puido traballar con creadoras e compañías como Laida Aldaz, Proxecto Larrua ou Carmen Larraz. Dende xullo de 2021 Xián Martínez é bailarín freelance; nestes últimos meses formou parte de producións da Opera de Lille en Francia e do StaatsOper de Berlín. Paralelamente á súa carreira como intérprete, Xián ha ir desenvolvendo o seu imaxinario creativo con diferentes proxectos desde Raíñas en 2017, até Pioneiras//Aitzindariak o seu último proxecto, producido polo Goberno de Navarra e a Fundación Baluarte. Continúa a súa labor creativa proximamente coa creación de nun zira? para Kultza de Iker Sanz e Yellow Lemon, unha peza pensada para un elenco de entre 18-20 bailaríns para a École Superior da Danse Contemporaine de Montrèal en Canadá.

br_200728-311.jpg
bottom of page