rpo

PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON MARTA ALONSO

Achegamento á peza Bailar agora

O taller estrutúrase en torno ao movemento e a palabra: Imos bailar, imos falar sobre danza. 

Adestraremos, suaremos e achegarémonos a algúns dos movementos da peza Bailar Agora como o movemento fragmentado e articular (como exercicio de concentración), a práctica de bailar sen ritmo (na procura do humor no movemento) ou o exercicio de copiar e deixarnos ser copiadas. 

 

Falaremos sobre como bailamos, como queremos bailar ou como temos bailado. Quizais, nos achegamos así ao principio dunha narración propia atopando que lugar ocupa a danza nela. Ou quizá bailamos, compartindo referentes, coñecendo novas formas de bailar ou lembrando algo que nos gustaba que xa non recordabamos.

Esta actividade de mediación acompaña a función do espectáculo ‘Bailar Agora’ de Marta Alonso que terá lugar no Auditorio Municipal de Cariño, o sábado 11 de decembro.

Datas e horario

xoves 9 decembro 2021

Lugar

Auditorio Municipal de Cariño

Dirixido a

alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño

Marta Alonso Tejada

Bailarina, actriz, creadora, directora artística, xestora cultural e docente. Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. A súa traxectoria como creadora e intérprete de Marta é multidisciplinar e hiperactiva, trazando desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo. A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena.

*Taller organizado en colaboración co IES Cabo Ortegal de Cariño para o seu alumnado. 

Bailar Agora 003 (1).jpeg