rpo
TALLER DE WAACKING
Impartido por Sabela Domínguez e Julia Laport, directoras e intérpretes da compañíaElahood
@elahoodance
Un taller onde aprenderemos as bases da danza club Waacking, unha forma de danza urbana creada nos clubes de música disco durante os anos 70. Faremos unha pequena introdución teórica á súa historia, o seu contexto cultural actual en España e no mundo, e as bases sobre as que se cimenta esta cultura.
Repasaremos as técnicas que entendemos como bases do Waacking. A técnica de brazos para acadar precisión, rapidez e complexidade no noso baile, o groove como conexión coa esencia musical, as poses como construción dunha personaxe e o entendemento e analise da música Disco como guía conductora da nosa improvisación dentro desta danza. Ademais de traballar o empoderamento a través do movemento e a confianza á hora de improvisar, dous pilares intrínsecos a esencia do Waacking.
Datas e horario
sábado 7 de novembro de 2020
de 11 a 13 h
Lugar
Auditorio Hernán Naval de Ribadeo
Elahood é unha compañía de danza urbana fundada en xaneiro de 2017 por Sabela Domínguez e Julia Laport. Nace co obxectivo de desenvolver a súa visión artística e axudar a promover a danza urbana en Galicia e a súa profesionalización.
*Taller organizado en colaboración coa Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, para un máximo de 10 participantes, de idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos.